A Procesión do Encontro de Jesús Resucitado pon fin á Semana Santa pontevedresa
Por Redacción & Diego Torrado
A programación da Semana Santa de Pontevedra chegou ao seu fin este Domingo de Pascua coa procesión do Encontro de Jesús Resucitado coa súa nai a Virxe María, a última das citas relixiosas engadidas ao calendario e a que cada ano pecha o pano de máis dunha semana de procesións e actos litúrxicos.
A vistosa procesión tivo o seu momento álxido na praza da Ferrería, onde se atoparon os pasos que partiran previamente das parroquias de San José, San Bartolomé e Santa María previamente.
A imaxe da nosa Señora do Amor Fermoso, acompañada da súa Confraría e representacións, saíu da parroquia de San José. A imaxe de Jesús Resucitado, acompañada da Confraría da Beira Cruz, partiu á mesma hora de San Bartolomé. As imaxes de San Juan e María Magdalena, acompañadas da Confraría da Maior Dor e a Banda da Confraría do Espírito Santo, saíron da Basílica de Santa María.
Unha vez que todas se atoparon, chegou a quenda do sermón e a interpretación do Stabat Mater e Aleluia a cargo do Coro de Ex-Cantores dos institutos de Pontevedra. Finalizado o mesmo, formouse unha única procesión que se retirou cara a San José.
Relacionadas:
-
A procesión de Venres Santo pon fin á Semana Santa de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Sete confrarías acompañan a procesión do Santo Enterro
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Decenas de devotos asisten á procesión matinal do 'Encontro'
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
A procesión dos Pasos sae a pesar da choiva, pero acurta o percorrido
Por Redacción & Diego Torrado |