Escolares de Sanxenxo aprenderán a previr accidentes de tráfico
Por Redacción
A Caravana de Seguridade Viaria chegou este luns a Sanxenxo onde permanecerá ata o vindeiro venres 26 de abril. Trátase dunha actividade educativa gratuíta na que os máis pequenos aprenderán a comportarse de forma responsable e segura como peóns, como viaxeiros e como condutores de bicicletas.
Durante a actividade, expertos na materia transmiten a nenos de entre 8 e 12 anos a importancia de usar os sistemas de retención infantil, abrocharse correctamente o cinto, utilizar o casco ciclista e establecer contacto visual cos condutores ao cruzar a vía como peóns, comportamentos crave para adaptarse aos novos modelos de mobilidade, especialmente no ámbito urbano, e non sufrir un sinistro de tráfico.
Ademais, os escolares participantes aprenderán, a importancia do respecto aos demais, a prudencia, o diálogo e a empatía, valores fundamentais que contribúen a evitar os sinistros de tráfico e as súas secuelas.
A Caravana de Educación Viaria, que está instalada no Porto deportivo, na Praza Dos Barcos, permanecerá aberta ao público do 22 ao 26 de abril en horario de 9.30 a 14.00 horas (para os centros escolares) e de 16.00 a 18.30 horas (para o resto do público).