RADIO.- A gruta de Gizamaluke recolle varios lanzamentos da industria do videoxogo
Por Redacción
As noticias internacionais dos últimos días non son alleas ao sector do videoxogo tampouco. O exemplo radica en Ubisoft que, tras o lamentable incendio da Catedral de Notre Dáme anunciou que regalaba 'Assassin’s Crede Unity' durante unha semana e para PC; polo que aínda estás a tempo ata o 25 de abril. A actualidade desta semana entre os gamers pasa polo anuncio dunha renovada versión de 'XIII' o 'shooter' de Microids cuxo desenvolvemento está a correr a cargo do estudo PlayMagic. Ata cando haberá que esperar?, ao parecer ata novembro.
Outra das referencias que trae A gruta de Gizamaluke chegará antes: a Mega Drive Mini para a que SEGA tamén segue dando a coñecer os títutlo que conterá. Como non hai dous sen tres, un terceiro lanzamento: Capcom Home Arcade para o mes de outubro. E para cadrar o círculo: debate ao redor doutro lanzamento: PlayStation 5.
Para esta entrega do programa e podcast de PontevedraViva Radio, unha nova voz que se incorpora, a da xornalista e como non gamer, Ana Beloso. Con ela, unha semana máis Carlos Pereiro e Juan Sanmartín. Ademais como convidado entrevistado para a ocasión, Fran Calvelo, un dos máximos responsables do estudo Baroque Decay e que vai lanzar 'Yuppie Psycho', aventura pixel art de terror.
Relacionadas:
-
RADIO.- 'Borderlands 3' e 'Days Gone', a xuizo dos gamers de 'A gruta de Gizamaluke'
Por Redacción |
-
RADIO.- 'Yuppie Psycho', un videoxogo desenvolto en Galicia, a análise na Gruta de Gizamaluke
Por Redacción |
-
RADIO.- A gruta de Gizamaluke: 'Star Wars: Jedi Fallen Order' sairá este 2019
Por Redacción |
-
RADIO.- A gruta de Gizamaluke: Onde está a maior colección persoal de videoxogos?
Por Redacción |