Entra en vigor a ordenanza de telefonía pola que o Concello recadará 176.000 euros anuais
Por Alejandro Espiño
A taxa que o Concello de Pontevedra cobrará ás empresas de telefonía móbil que operan na cidade xa está en vigor. Isto é así porque, tras a súa fase de exposición pública, non se presentaron alegacións contra esta nova normativa fiscal.
O portavoz do goberno municipal, Raimundo González, explicou que dentro de esta fase pública o Concello dirixiuse directamente aos catro principais operadores de telefonía para informarlles da nova taxa e ningún deles quixo presentar alegacións.
Así, tras a súa publicación no Boletín Oficial de Provincia, a ordenanza xa está vixente.
A ordenanza permite o cobro ás compañías que empreguen as canalizacións que pasen por espazo público (subsolo), segundo os metros cadrados que ocupan. Para o cálculo da taxa, a administración recoñece a ocupación de 51.363 metros cadrados, polos que o Concello poderá recadar 176.162,40 euros ao ano.
A ordenanza entra en vigor dende o momento da súa publicación e poderanse empezar a liquidar as taxas dende o 1 de xaneiro.
Relacionadas:
-
As empresas de telefonía ocupan 50.000 metros cadrados de espazo público
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra agarda recadar 150.000 euros anuais cunha taxa ás empresas de telefonía
Por Alejandro Espiño |
-
Os socialistas piden ao Concello que cobre unha taxa ás empresas de telefonía móbil
Por Oskar Viéitez |