Xa está dispoñible a pista polideportiva de Nantes
Por Redacción
Os técnicos do Concello de Sanxenxo certificaron este martes o fin das obras da pista polideportiva de Nantes acordando a súa apertura e posta a disposición para o goce de todos.
As obras de construción tiveron un orzamento de 200.000 euros, que foron financiados con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
O Concello de Sanxenxo terá que iniciar agora na segunda fase das obras, que contemplarán o cerramento lateral e a construción duns aseos e vestiarios. Estímase que este proxecto alcance un orzamento de 300.000 euros.
Ademais, o viario que dá acceso ao centro educativo será asfaltado proximamente para mellorar a seguridade.