Ernesto Filgueira presenta a lista electoral do BNG na carreira pola Alcaldía de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
O BNG de Cerdedo-Cotobade vén de facer pública a lista electoral que vai concorrer ás vindeiras eleccións do 26 de maio.
O cabeza de lista, Ernesto Filgueira, asegurou que "é unha honra para min e motivo de seguridade para a veciñanza poder presentar a esta equipa chea de ilusión, formada, con experiencia de xestión en ámbitos sociais, culturais ou medioambientais".
Ernesto Filgueira destacou que a do Bloque é "unha equipa honesta, con capacidade de traballo e gañas de loitar polo presente dun concello que precisa dunha fonda transformación para que teña futuro. Non nos conformamos con menos, pois todas e todos queremos máis".
Trátase dunha lista renovada ao 74% e liderada por Ernesto Filgueira e que ten como número 2 a Margarita del Rocío Graña Tapia, veciña e vicepresidenta da comunidade de montes de Tenorio ademáis de sindicalista de CIG-Saúde. De número 3 Anxo Santomé Fentanes, responsable local e membro do consello comarcal do BNG e expresidente da Asociación Cultural os Trazantes de Tenorio. De 4 concorre Alberto Cadavid García, técnico superior en Soldadura e Caldeirería e veciño de Cerdedo.
No posto 5 vai a veciña de Loureiro Gloria Malvar Fraguas, integrante histórica do BNG local e cuidadora social. Víctor Ribas Villa, veciño de Carballedo, ilustrador e autor de banda deseñada no 6. No 7 Iria Riveiro Baltasar, veciña e secretaria da Comunidade de Augas Fonte Grande de Corredoira. Séguea no posto 8 Antón Mouriz Fernández, presidente da asociación veciñal A Fontiña Bieita de Borela e Coordinador da Asociación Galega de Adopción e Acollemento MANAIA. No 9, Nuria González Peleteiro, responsable local de Galiza Nova de Cerdedo e Cotobade. No posto 10, Xoan Romero Durán, socio da Asociación Galega da Lingua.
Os seguintes postos están ocupados por Estefanía López Antelo (11), Monserrat Fernández Arén (12), Delmiro Durán Garrido (13), Carlos Gómez Cobas (14), Sarah Bott Vázquez (15), Miriam Pérez Costas (16), Jose Luís Bouzas Ambroa (17), Alberto Nogueira Pérez (18), Lucía Aguete Iglesias (19), Lino Moreira Caramés (20) María Lisbel García Louzao (21), Luís Godoy López (22) e pechando a candidatura Sindo Penelas García (23).