Boaventura de Sousa fala en Pontevedra sobre capitalismo, colonialismo e patriarcado
Por Redacción
O profesor e catedrático Boaventura de Sousa abriu este mércores a terceira xornada da Semana Galega de Filosofía defendendo a súa tese de que "capitalismo, colonialismo e patriarcado, crearon a fronteira abisal que chega ata hoxe e divide quen é xente e quen é subhumano".
Cunha morea de premios á súa traxectoria, Boaventura de Sousa ten publicados traballos sobre globalización, socioloxía do dereito, epistemoloxía, democracia e dereitos humanos traducidos ao inglés, italiano, francés, alemán, chino e español como é o caso do seu último título que presentou este mércores na Casa das Campas: "Aprendizaxes globais: descolonizar, desmercantilizar e despatriarcalizar desde as Epistemoloxías do Sur".
Sousa sinalou que o momento no que vivimos o modelo dominante na política é "o contrarreformismo" concebido "non para prometer tempos mellores, senón para axustarnos a tempos peores".
Ao remate desta ponencia o conxunto dos relatores da Semana e a Aula Castelao foron recibidos polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que parabenizou a labor deste proxecto que achega a Pontevedra importantes figuras para afondar sobre cuestións de importancia e actualidade como a situación que están a vivir os migrantes na actualidade.