Reducen a seis anos de prisión a petición para un home de 81 anos, acusado de abusar sexualmente dunha menor
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
A través de vídeoconferencia, unha adolescente madrileña relataba este xoves ante o tribunal da sección cuarta da Audiencia de Pontevedra como en agosto de 2017, cando tiña 13 anos e pasaba as súas vacacións no Rosal, era agredida sexualmente en dúas ocasións polo acusado Manuel S, que agora conta con 81 anos de idade e que era cliente habitual do local onde se rexistraron os feitos.
Segundo o relato que fixo a menor, o domingo 27 estaba na zona de xogos dun restaurante e o home se lle achegou ante a súa irmá de 10 anos que a poucos metros saltaba nunha cama elástica. O acusado colleulle a man dereita e a pasou pola zona xenital, por riba dos pantalóns, mentres lle facía preguntas sobre a súa procedencia. A menor declarou que por vergoña só lle contou a súa nai deste episodio que o home lle fixera preguntas. Ante esta situación, a nai preguntoulle a unha amiga sobre o agora procesado. Esta indicoulle que era un home que pasa as tardes nese restaurante pero que era "inofensivo".
Dous días máis tarde, segundo explicou a menor, na mesma terraza do restaurante, o home volveu dirixirse a ela e pediulle axuda para baixar polas escaleiras cara a zona infantil. Ela accedeu e el agarrouna da man. Unha vez no espazo infantil, onde non había ninguén, o acusado púxolle contra a parede, agarroulle o cú coas dúas mans tentantdo bicala e despois levou unha das súas man cara os xenitais da nena, momento en que ela dixo "disculpe" e fuxíu da zona. Minutos despois, pediulle a súa irmá que avisara a súa nai, que se atopaba na terraza cun amigo da familia, porque quería contarlle o que lle pasara.
A nai preguntoulle se o home que lle atacara era o que, neses momentos, se encontraba na porta do restaurante. A nena confirmouno. Acto seguido, a muller encarouse co presunto agresor, segundo ela mesma confesou ante o tribunal, dicíndolle que non podía acosar a menores ao que o home só respondía: "vale, vale. Tranquila". A continuación, a nai chamou á Garda Civil da Guardia, que desprazou unha patrulla ao establecemento. No momento en que os axentes estaban a obter datos do suceso, a esposa do acusado chegaba en coche ao local coa intención de trasladar o home ao seu domicilio, momento en que foi identificado pola patrulla.
O ACUSADO NEGA TER MANTIDO CONTACTO COA NENA
Pola súa parte, Manuel S. negou todos os feitos que se lle imputan. Na súa declaración en sala explicou que "jamás" tiña collido a man da nena, tampouco a tocara por riba da roupa nin intentara bicala. Si admitiu que lembraba ter visto á rapaza coa irmá xogando cun patinete na zona de xogos do restaurante.
O informe dos peritos forenses, tal como ratificaron durante a vista oral, indica que o relato da nena tras o suceso é crible e afirmaron ante a xuíza que non hai "signos de fabulación" nin ofrece un perfil de persoa "suxestionable". Pola súa parte, a defensa tamén presentou a un psicólogo clínico que tratou, tras os feitos, cinco veces a Manuel S. e sinalou que o acusado ten pleno uso das súas facultades e que lle parecía "improbable o abuso con quebrantamento" do que se lle acusaba.
Nas conclusións, a fiscal do caso rebaixou a petición de penas de 8 a 6 anos ao entender que o acusado incurríu nun delito continuado de abuso sexual. Pola súa parte, a acusación particular mantén a petición de 4 anos por cada un dos delitos de abuso sexual e unha indemnización de 3.500 euros polos danos morais causados. A avogada da defensa do imputado pide a libre absolución ao entender que, agás a declaración da menor, non existe proba de cargo contundente. En canto a esa declaración da moza, a letrada considera que lle falta verosimilitude e contundencia.
O xuízo quedaba visto para sentenza despois de que o acusado manifestara na sala ante a presenza de varios dos seus familiares que nunca estivera con elas. "¿Cómo puede decir que la cogí con la mano y se la restregaba? Eso es mentira total", indicou.