Xogar coas pezas de Lego axuda aos emprendedores
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou este xoves na primeira aplicación da metodoloxía "Lego Serious Play" nun coworking en Galicia.
Trátase dunha ferramenta enfocada en adultos, que busca que, a través do xogo, as persoas logren comunicar mellor o que se pensa e sinte.
En concreto, en Barro afondouse sobre a integración da igualdade no traballo e a proxección de negocios a futuro, da man de María Ucieda, directora académica de European Business Factory (escola galega que certifica a metodoloxía).
Ucieda explicou os obxectivos da actividade e dinamizou os dous grupos integrados por unha vintena de coworkers entre os que se atopaba a presidenta provincial.