A Garda Civil programa actos conmemorativos do 175 aniversario da súa fundación e céntrase na loita pola igualdade
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A Garda Civil presentou o calendario de eventos que se van a desenvolver nesta provincia para conmemorar a celebración do 175º aniversario da fundación da institución.
En rolda de prensa, a subdelegada do Goberno, Maica Larriba e o tenente coronel xefe accidental da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, Manuel Touceda, explicaron que estes actos pretenden estreitar a proximidade e confianza que os membros do instituto armado teñen coa sociedade pontevedresa.
"Es importante cumplir años pero también cómo se cumplen", sinalou Manuel Touceda. Neste sentido destacou o "buen estado de salud" do que goza esta institución que "ha sabido adaptarse a las nuevas formas de criminalidad" gañándose "el cariño de la gente" e "intentando mantener los valores que nos infundó nuestro creador el Duque de Ahumada" como son o seu carácter militar, vocación de servizo, disciplina, lealdade "y por supuesto el honor como principal divisa", afirmou o tenente coronel.
O programa das actividades previstas dará comezo o próximo día 28 e concluirá coa celebración do acto central que terá lugar na sede desta Comandancia o próximo día 15 de maio.
Entre outras actividades inclúese un campionato de Tiro de Combate, no Campo de Tiro de Cernadiñas Novas os días 29 e 30 de abril. Tamén haberá un xornada de convivencia cos maiores da Residencia Ballesol, do Poio, o día 2 de maio.
O Pavillón municipal de Tenorio acollerá o 4 de maio un partido de fútbol sala feminino entre o equipo da Garda Civil e o Tenorio S. F. Os organizadores destacaron a importancia deste evento máis aló do punto de vista deportivo como unha mostra do seu compromiso coa igualdade e especialmente na súa loita contra a violencia machista.
Para o 5 de maio no peirao de transatlánticos e a Estación marítima do Porto de Vigo haberá unha exposición de material e medios, e farán un exercicio de abordaxe dunha embarcación e outro de aprehensión de droga. Tamén na cidade olívica desenvolverase unha visita institucional á Unidade Infantil do Hospital Álvaro Cunqueiro.
Finalmente teñen previsto percorrer unha etapa do Camiño de Santiago desde a localidade de Padrón o 11 de maio e celebrar o 13 de maio o día do veterano na Comandancia.
Relacionadas:
-
Gardas civís, policías e militares participarán no Campionato de Tiro de Combate do Pilar
Por Redacción |
-
175 anos de historia, toda unha vida de servizo á cidadanía
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Garda Civil réndelle homenaxe aos seus veteranos, os cimentos da institución
Por Redacción & Nacho Fuentes |
-
Os gardas civís peregrinan a Santiago para celebrar o seu 175 aniversario
Por Redacción |
-
A Garda Civil e o Tenorio FS golean á violencia de xénero
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Garda Civil e o Tenorio FS disputan o sábado un partido pioneiro pola igualdade
Por Redacción |