Gallaecia Sport Bar convoca o seu Campus Indoors de Golf con Álvaro Beamonte
O Restaurante-tapas Gallaecia Sport Bar de Sanxenxo (Rúa Ourense, 24) convoca o II Campus Indoors Golf Gallaecia 2019 co profesional do golf e comentarista en Movistar+, Álvaro Beamonte, que se celebrará o martes 30 de abril e o mércores 1 de maio nas súas instalacións.
No evento, Beamonte impartirá un campus de técnica, estratexia e reglas de golf, tanto a nivel iniciación como mellora e perfeccionamento, contando coa colaboración de José María Górriz, con análises e respostas a través do simulador de última xeración Foresight FSX 2019, instalado en Gallaecia Sport Bar.
"Muchos me han preguntado cuál es mi escuela, si soy de biomecánica tradicional, de Stack & Tilt, Leadbetter o cualquier otra. Yo siempre respondo igual: ‘Soy de la… tuya’. Cada jugador necesita la suya. Es responsabilidad del profesor acomodarse a las posibilidades del alumno, y no viceversa. Quieres aprender y entender, y recibir sugerencias honestas, sinceras y cotejadas, soy Álvaro Beamonte y te espero en Gallaeciasportbar de Sanxenxo", comenta o profesional.
O evento desenvolverase os días 30 de abril e mércores 1 de maio, en horario de mañá (de 12h a 14h) e tarde (de 19h a 21h), xogando no simulador campos de prestixio como o St. Andrews Old Course, New Course, Jubilee, Castle ou Pebble Beach. Tamén haberá clases personalizadas de 1 hora o luns 29 de abril (de 17h a 21h), martes 30 de abril e mércores 1 de maio (de 10h a 12h y de 17h a 19h), para o cal se recomenda traer os paus de golf habituais.
Máis información e reservas en www.gallaeciasportbar.es/contacto