O adiestrador canino Diego Álvarez falou no último programa de Podcans sobre a aprendizaxe asociativa cos cans. Unha fórmula que se vale da asociación que fará o animal entre dous estímulos ou situacións e que require dun condicionamento para que se produza dita asociación. Se a priori pode parecer unha terminoloxía complexa para non instruídos; o podcast está pensado para todos os donos de cans, así que continuamente expóñense exemplos que ilustran as cuestións que presenta.
Neste podcast quincenal de PontevedraViva Radio, Diego Álvarez ofrece recomendacións bibliográficas. Neste caso o libro apuntado foi 'Ciencia e técnica do adestramento canino' de James Ou' Heare. A imaxe que acompaña o programa é a de Goofy, que segue á espera de adopción. É un can dun ano, de tamaño grande, castrado, desparasitado, vacinado e chipeado. Socializa ben con outros cans e con persoas. Atópase na protectora Tu eres nuestra ayuda e pódese contactar no teléfono 633842656.
Se tes un can e queres expor algunha dúbida ou tema para abordar en Podcans, podes escribir ao mail podcans@gmail.com