Decepción en Pedaladas ao saber que o Concello rexeita un carril bici en Montecelo
Por Oskar Viéitez
O colectivo Pedaladas mostrou a súa desconformidade coa decisión do Concello de Pontevedra de rexeitar el carril-bici previsto ante a fachada actual do Hospital Montecelo.
O novo Gran Montecelo inclúe un novo acceso principal que deixaría como viario de servizo á estrada actual. Os técnicos contratados polo Sergas deseñaron ese viario secundario cun carril en cada sentido, beirarrúas a cada lado e un carril-bici, unha idea que gusta aos membros da Asociación Pedaladas pero non ao Concello.
Nun comunicado Pedaladas di que non apoia a posición do Concello de Pontevedra e anuncia que este colectivo "non vai apoiar a presenza de lombos na contorna dun hospital si existe a alternativa de crear un carril bici".
"Os usuarios de bicicleta non imos ser a escusa dos lombos para o Concello", afirman desde Pedaladas que entenden que se pode ter unha gran seguridade viaria e permitir unha vía sanitaria libre de lombos, polo que "está é unha decisión política non técnica como queda demostrado ao ter alternativas".
"O noso total rexeitamento á guerra contra a bicicleta do Concello de Pontevedra", conclúen.