Máis de 1.400 marchosos solidarios participarán na Pontevedrada 2019
Por Redacción
Todo está preparado para unha nova edición da Pontevedrada, a marcha solidaria nocturna entre Pontevedra e Santiago que busca concienciar á cidadanía acerca da importancia da doazón de sangue, órganos e tecidos.
Un total de 1.454 persoas inscribíronse para participar nesta ruta ininterrompida de 67 quilómetros que partirá este sábado 27 de abril, ás oito da tarde, da Praza de España.
Os organizadores da Pontevedrada aconsellan aos participantes estar na saída antes das sete, para que poidan asistir ao acto inaugurar da novena edición desta marcha.
Ademais, lembran que con motivo da celebración do Mundial de Tríatlon en Pontevedra, a cidade terá condicionados diversos puntos de acceso e aconsellan que os participantes veñan con tempo para buscar aparcadoiro.
A retirada final dos últimos dorsais realizarase o propio sábado na Praza de España, en horario de 14:00 a 18:00 horas.
Relacionadas:
-
Unha 'marea vermella' de solidariedade une Pontevedra e Santiago pola doazón de órganos
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Os eventos que se celebrarán durante a fin de semana contarán cun tempo de verán
Por Olaya Madrigal |
-
A 15 días da súa celebración, a Pontevedrada xa conta con 1.100 inscricións
Por Mónica Patxot & Olaya Madrigal |
-
A novena edición da Pontevedrada xa ten data: o sábado 27 de abril
Por Redacción |