Avistan un par de golfiños brincando preto do porto de Marín
Por Redacción
Os golfiños que habitan as Rías Baixas perden cada vez máis o medo de achegarse á costa. Iso comprobárono esta fin de semana algúns afortunados que paseaban polas inmediacións do porto de Marín.
Nas imaxes que cederon a PontevedraViva, pódese ver a unha parella de golfiños nadando e rebuldando entre eles preto do dique do porto.
Esta escena, aínda que empeza a ser habitual, segue atraendo a curiosidade da xente.