Caras longas no PP de Pontevedra: Ana Pastor pide unha "reflexión" no partido
Por Alejandro Espiño
Os resultados do PP nestas eleccións xerais non foron bos. Iso é indubidable. En España e, por suposto, tamén en Pontevedra. Os socialistas convertéronse no partido máis votado por primeira vez e, nese escenario, a candidata ao Congreso pola provincia, Ana Pastor, entende que o partido debe facer unha "reflexión" tras este 28 de abril.
"Seguramente las cosas se podían haber hecho mucho mejor", sinalou Pastor na súa comparecencia na sede do PP, onde seguiu a evolución do escrutinio acompañada, entre outros, polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.
A dirixente popular afirmou que o partido debe analizar non só o resultado senón tamén "por qué se ha producido", aínda que suxeriu que unha das razóns foi que "muchos votos" para o centro-dereita foron para partidos "que no han obtenido escaño" e que, por tanto, "no han sido útiles" para impedir a vitoria socialista.
Tras felicitar ao PSOE pola súa vitoria, Ana Pastor engadiu que os cidadáns "siempre tienen la razón con sus votos" e que, no Partido Popular, "hay que estar a las duras y a las maduras", polo que promete que "seguiremos trabajando para que todos los ciudadanos, tanto los que han vuelto a confiar en el PP como los que no, estén bien representados".
O presidente do PP pontevedrés, Alfonso Rueda, tamén recoñeceu que o resultado " non é bo" para os populares, aínda que defendeu que seguen sendo o partido máis votado "en máis dá metade" dos municipios da provincia.
Con eses datos na man, Rueda quixo mandar unha mensaxe de "ánimo" a todos os candidatos e candidatas ás eleccións municipais, cita ante a que fixo un chamamento ao "voto útil" ao PP fronte ao resto de partidos do centro-dereita. "Hai que concentrar o voto e non dispersalo", sinalou.
"Nos imos a renunciar a ningún dos obxectivos que temos marcados", adiantou.
O BNG TAMPOUCO CUMPRE EXPECTATIVAS
Pola súa banda, o BNG tampouco cumpriu coas súas expectativas. A pesar de case dobrar os votos obtidos fai tres anos, volveu a quedar fóra do Congreso. A candidata por Pontevedra, Carme da Silva, agradeceu o apoio recibido e garantiu que "nunca defraudaremos ese apoio".
A pesar de non obter escano, Da Silva explicou que o resultado do BNG "nos dá moitísimos ánimos", ao entender que mostra a "capacidade de reacción e de saír para arriba" que teñen os nacionalistas. Engadiu que o seu partido "está nun período de subida e de remontada que nos dá optimismo para as municipais de maio".
Relacionadas:
-
A Xunta Electoral pide á Fiscalía que investigue a ausencia inxustificada de tres presidentes de mesa o 28A
Por Redacción |
-
Histórica vitoria do PSOE sobre o PP, entran Podemos e Cidadáns e BNG e En Marea quedan fóra
Por Alejandro Espiño |
-
Normalidade absoluta e unha alta participación, claves da xornada electoral en Pontevedra
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Os políticos locais coinciden en sinalar a "importancia" de votar este domingo
Por Alejandro Espiño |