Á rúa Concepción Arenal está a crecerlle un "lombo"
Por Redacción
Este luns iniciáronse os traballos de execución dun novo "lombo" no paso de peóns de Concepción Arenal á altura do Colexio do Grupo.
Trátase de mellorar en seguridade viaria nun cruzamento que habitualmente é utilizado para o colexio e que permite a incorporación na intersección con Méndez Núñez de tal maneira que se poidan incorporar de maneira máis segura e a menor velocidade o tráfico.
Estará executado esta semana a través da empresa E. C. Casas.
Na primeira semana deste mes de abril deron comezo as obras nesta rúa na fase que vai dende a Rúa José Trasande ata o límite con Pontevedra.
Nesta primeira actuación as obras comezan polo tramo dereito.