O persoal dos PAC da área de Pontevedra rexeita o documento do Sergas e segue en pé de guerra
Por Redacción
As posturas continúan distantes entre o persoal que forma parte dos Puntos de Atención Continuada (PAC) e o Servizo Galego de Saúde (Sergas) no conflito laboral aberto e que quedou de manifesto publicamente no inicio da campaña electoral das Xerais.
Este luns desenvolvíase unha asemblea de traballadores na área de Pontevedra. Un dos puntos de enfrontamento atópase na xornada complementaria neutra. Os representantes del personal reclaman o pago desta xornada complementaria en caso de baixa ou de permiso, mentres que o Sergas entende que só se pagarán cando se realicen.
Segundo os datos que facilita a Consellería de Sanidade, o Sergas establecía coa intención de chegar a un acordo un incremento no salario pola realización de noites e festivos ou en domingos a partir de 2020. Sanidade tamén aceptaba garantir a contratación de reforzos para os PAC atendendo a criterios obxectivos sempre que fose necesario.
En todo caso, a asemblea de traballadores de Pontevedra rexeitou por unanimidade a oferta e este martes, representantes de todas as áreas sanitarias de Galicia reuniranse en Santiago para establecer o calendario para seguir durante as próximas semanas.
Relacionadas:
-
O xerente da área sanitaria afirma que a folga nos PAC non ten "demasiada incidencia"
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Vixilia nocturna nos Puntos de Atención Continuada, que seguen en pé de guerra
Por Redacción |
-
Denuncian que o Sergas non cumpre os servizos mínimos do PAC de Caldas
Por Oskar Viéitez |
-
Continúa a folga nos PAC's despois de que a maioría votara en contra da oferta do Sergas
Por Anxo Lourido |
-
3, 2, 1... a carreira cara ao 28A empeza concorrida e reivindicativa
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A folga invisible dos PAC
Por Oskar Viéitez |