Só cinco salmóns para 823 persoas que pediron permiso para pescar no Lérez
Por Redacción
Este mércores empeza a tempada de pesca de salmón no río Lérez, de só dous meses de duración e cunha cota de capturas limitada a 5 exemplares para toda a tempada. Esta circunstancia débese á escaseza, o pasado ano só se pescaron dous salmóns.
Un total de 823 pescadores solicitaron permiso para poder largar a cana no coto salmoneiro de Monte Porreiro. A Consellería de Medio Ambiente tivo que facer un sorteo.
A campaña do salmón concluirá o 30 de xuño pero a do reo e a troita, que tamén empezan este 1 de maio, prolóngase ata o 31 de xullo.
A talla mínima para os reos é de 35 centímetros cun tope de capturas de dous exemplares por persoa e día, seis exemplares no caso da troita cuxa talla se fixa en 19 centímetros.