Fabada e paella para celebrar o medio século do Marcón Atlético
Por Diego Torrado
Os siareiros do Marcón deron conta este mércores da celebración gastronómica do club de fútbol local.
Preparáronse unhas 700 racións de fabada e outras 500 de paella na edición número trece da Festa da Fabada.
O menú incluíu nesta edición, unha mousse de queixo con mouras e laranxas chinesas e unha versión da típica torta da avoa. A comida estivo amenizada polo grupo musical Calibre.
Os furancheiros de Marcón serviron o viño colaborando así co Marcón Atlético que cumpre 50 anos.