Ingresa en prisión tras atracar cun coitelo unha repartidora de pan e un ciclista no Vao
Por Redacción
Un home de 35 anos, un veciño do Vao recén saído do cárcere, volverá a prisión. Farao tras ser detido pola Garda Civil por atracar cun coitelo a unha repartidora de pan e a un ciclista nas inmediacións do poboado.
A investigación destes dous roubos con intimidación determinou que foron cometidos preto do seu domicilio, segundo informou o instituto armado.
O primeiro deles tivo lugar o pasado 31 do pasado cando abordou á repartidora do pan e intimidouna cun coitelo para que lle entregase o diñeiro. Ante a súa negativa, suxeitouna cun brazo e coa outra man cortou cun coitelo a correa do bolso que levaba colgado, arrebatándolle toda a recadación.
Hai uns días, o 29 de abril, xunto con outros catro individuos cuxa identidade se está pescudando, interceptaron un ciclista, natural de Zaragoza, que por equivocación introduciuse involuntariamente no poboado chabolista.
Entre todos tirárono ao chan ameazándoo con "pegarlle un tiro" se non lles entregaba as súas pertenzas. Despois de propinarlle varios golpes e patadas, espírono e arrebatáronlle o diñeiro que levaba.
O xulgado de instrución de garda de Pontevedra ordenou o seu ingreso no cárcere da Lama, de onde saíra hai pouco tempo tras cumprir condena por varios delitos de roubo e un homicidio doloso en grao de tentativa.