Policías con uniforme escolar
Por Redacción & Nacho Fuentes
Un grupo de 225 escolares do colexio San José de Pontevedra tivo oportunidade este venres de coñecer o traballo da Policía Nacional da man dun grupo de policías da Comisaría de Pontevedra que se desprazou ata a praza do Teucro.
Os axentes realizaron unha exhibición do seu traballo e levaron ata o lugar tres motos, un todoterreo e un vehículo 'zeta' rotulado. Os escolares puideron sentar nos distintos vehículos, coñecer como funcional e mesmo poñerse os casos ou elementos de protección que adoitan utilizar os policías.
Na actividade, organizada polos delegados de Participación Cidadá da Comisaría pontevedresa, participaron todos os alumnos do centro. Os axentes que participaron dirixíronse a eles de forma próxima para mostrarlles o seu traballo, fomentar a confianza na Policía Nacional e liquidar as súas dúbidas, ademais de repartirlles a todos o carné policial.
O despregamento de axentes da Policía Nacional e vehículos policiais chamou a atención dos transeúntes que na mañá deste venres pasaban pola praza do Teucro, entre eles, participantes nos mundiais de tríatlon do ITU Multisport Festival. De feito, finalmente, os nenos que acompañaban aos deportistas puideron tamén coñecer o traballo policial.