Cortan durante oito días un tramo da Rúa Progreso
Por Oskar Viéitez
Co fin de garantir a terminación das obras antes da tempada alta, os responsables da obra e o concello de Sanxenxo decidiron cortar un tramo da rúa desde o luns día 6 ata o martes 14. Está previsto que os operarios traballen mesmo durante a seguinte fin de semana para reducir a duración do corte.
O tramo que se vai a cortar vai desde a rúa Sanxenxo, ata o inicio da rúa na súa confluencia coa avenida de Madrid. O corte faise para instalar un colector de grandes dimensións no que verten as súas augas diversas ramais das tubaxes. Para a súa instalación é necesario realizar escavacións moi profundas, polo que cortando o tráfico axilízase a súa instalación e garántese a seguridade viaria na zona evitando calquera incidente.
O tránsito que circule en sentido Sanxenxo-Pontevedra, terán que subir pola Rúa Sanxenxo e volver incorporarse á PO-308 na zona de Miraflores ou na zona de Nanín. E, aqueles vehículos que circulen en sentido contrario, é dicir Pontevedra-Sanxenxo, terán que facelo pola avenida de Madrid e o paseo de Silgar.
Desde o concello lembran que están dispoñibles os aparcadoiros disuasorios habilitados con motivo das obras. Un diso está situado detrás do Novo Templo de Sanxenxo, ao que ata agora soamente podíase acceder pola zona da Florida e que a empresa adxudicataria da obra encargouse de habilitar un novo acceso a este aparcadoiro pola Rúa Constitución, unha rúa que non tiña saída.
Ademais, esta chaira estará conectada con outro aparcadoiro disuasorio situado na zona do Tombo, detrás da escola infantil municipal, por un viario que a propia empresa está a acondicionar tamén.
Aquelas persoas que dispoñan dunha praza de garaxe no tramo de avenida cortado, ademais destes aparcadoiros disuasorios terán á súa disposición, do mesmo xeito que no anterior corte o parking de Nauta, de forma gratuíta.