Animan a achegarse á evidencia científica para evitar o consumo xuvenil de tabaco e de cannabis
Por Redacción
Por este motivo, o propio Manuel Isorna pon en marcha un obradoiro en que se intenta previr do consumo do cannabis e do tabaco baseándose na evidencia científica. Aquelas persoas interesadas en participar neste curso que se vai desenvolver o mércores 8 de maio na Casa das Campás, entre as 16.30 e as 20.30 horas deben enviar un correo electrónico a isorna.catoira@uvigo.es
Este obradoiro gratuíto está aberto a un máximo de 30 participantes e durante a sesión van desmitifcarse as crenzas de que hai un consumo recreativo do cannabis xa que os relatores alertarán dos riscos da droga a través de información "científica e rigorosa" sobre as repercusións cardiovasculares, respiratorias e mentais que provoca.
Durante as catro horas de obradoiro se realizarán experimentos para que as persoas asistentes comproben tamén de forma directa as consecuencias do consumo de tabaco vendo, por exemplo, o alquitrán que deixa un cigarro no organismo.
O obxectivo a través desta proposta é que a mocidade que participe faga de mediadora e traslade á sociedade en xeral información sobre os danos que provocan estes consumos.