Gallaecia Sport Bar repite éxito na segunda edición do seu Campus Indoors de Golf
Gallaecia Sport Bar de Sanxenxo está de parabéns despois de rematar con éxito a segunda edición do seu Campus Indoors Golf Gallaecia 2019.
O profesional do golf, profesor e comentarista en Movistar+, Álvaro Beamonte Puga, impartiu o campus de técnica, estratexia e reglas de golf en Gallaecia Sport Bar de Sanxenxo, dentro das actividades do II Campus Indoors Golf Gallaecia 2019.
Álvaro Beamonte contou coa colaboración de José María Górriz con análise e respostas no simulador de golf de última xeración Foresight FSX 2019, único en España, instalado para uso e desfrute dos clientes en Gallaecia Sport Bar no seu amplo local da rúa Ourense, 24, de Sanxenxo.
Xogáronse os míticos campos de Escocia como St. Andrews Old Course, New Course, Jubilee, Castle ou Pebble Beach. E tamén houbo ocasión para clases personalizadas.
Durante os dous días do Campus asistiron xogadores de toda Galicia, os cales quedaron gratamente sorprendidos da calidade técnica e profesional do profesor e a tecnoloxía aplicada no evento.