Pontevedra, sede do maior evento de marketing dixital do noroeste peninsular
Por Alejandro Espiño
Expertos en márketing de multinacionais como Microsoft, LinkedIn, New Balance ou Iberdrola, axentes e consultores de primeiro nivel, tendas online e influencers participarán na primeira edición do Congreso Atlántico de Márketing Dixital Flúor, que acollerá a cidade de Pontevedra os próximos días 13 e 14 de xuño.
Trátase, segundo o Clúster de Comunicación de Galicia, do maior evento sobre márketing dixital do noroeste peninsular. Os organizadores sinalan que este evento integrará a toda intégraa a toda a cadea de valor do sector da comunicación.
Flúor ofrecerá dous días de conferencias e mesas redondas con máis de vinte profesionais sobre negocio dixital, publicidade dixital & branding e social media, talleres de diferentes temáticas e networking entre profesionais.
Os contidos abriranse tamén a temáticas de actualidade como as plataformas de televisión ou o papel dos influencers e asuntos de calado social como a igualdade de xénero e a diversidade na publicidade dixital.
Entre os relatores figuran directivos de multinacionais como Microsoft, LinkedIn, New Balance ou Iberdrola, así como consultores relevancia como Juan Luís Polo (Good Rebels), Javier Regueira ( Branded Content), Tristán Elósegui ou Roberto Carreras (Voikers).
O evento está aberto a todos os empresarios, directivos e profesionais interesados en coñecer de preto as ferramentas, técnicas e estratexias dixitais máis eficaces para marcas, empresas e negocios online.
Un comité técnico integrado por máis de quince empresas do sector colaborou durante os últimos meses para crear o concepto e contidos do evento, polo que Flúor representa, segundo o Clúster de Comunicación de Galicia, un proxecto colectivo de todo o sector galego da comunicación.
Toda a información e inscricións están xa dispoñibles na web www.congresofluor.com.
Relacionadas:
-
Metaverso, márketing consciente e criptomonedas: Flúor achega a Pontevedra as tendencias do mercado dixital
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
A segunda edición do Congreso Atlántico de Marketing Dixital Fluor, por videoconferencia
Por Redacción |
-
O Congreso Atlántico de Marketing dixital Flúor conclúe promovendo o interese, a utilidade e o impacto
Por Redacción |
-
O Congreso Atlántico de marketing dixital pon o foco nas experiencias e nas emocións
Por Noticia patrocinada |
-
Máis de 400 profesionais do marketing dixital participarán no Congreso Fluor
Por Alejandro Espiño |