Cuntis renova todas as papeleiras do casco antigo do municipio
Por Redacción
O goberno local de Cuntis continúa coa renovación do mobiliario urbano do municipio. Tras estrear unha nova rede de letreiros en todos as cruces, agora chegoulle a quenda ás papeleiras do casco antigo.
Os traballos para substituír estes recipientes comezaron esta semana.
Algúns dos vellos vertedoiros atopábanse en mal estado de conservación, con danos, óxido e roturas varias. Por iso, o Concello tomou a decisión de substituílos por novos contedores.
As novas papeleiras presentan un coidado deseño de cor verde, vermello ou azul e cun deseño xeométrico, ademais de contar cun pé robusto concibido para evitar roturas e darlle maior estabilidade.