É obvio que as condutas que teña un can son fundamentais na convivencia con outros animais e persoas, así que neste podcast de PontevedraViva Radio, o educador canino Diego Álvarez explica como ensinar, fase a fase, unha correcta conduta.
Ensino que comeza en casa, para evitar que haxa interferencia con outros estímulos, ou que de habelos sexan baixos. Nestes primeiros momentos, o traballo faise con xestos e con reforzos contínuos. É posible que escoitases falar da regra de 80%, Diego Álvarez, explica en Podcans que é, como e cando empregala nese procedo de aprendizaxe.
Para esta ocasión, se recomienza a visualización dun vídeo que podes atopar en Youtube titulado: a dura verdade sobre as razas de cans puras. Para a próxima entrega e diante da noticia que esta semana trouxo PontevedraViva sobre o ataque dun can PPP a outro, falarase destes animais denominados Perros Potencialmente Perigosos. Ademais responderá os correos enviados a podcans@gmail.com con dúbidas e suxerencias.
A imaxe que acompaña o programa é a de Roi, un can mestizo ao que estiveran utilizando para adestrar cans de pelexa. Ten un ano de idade aproximadamente e 15 quilos de peso con boa socialización con cans, gatos e persoas. Necesita adopción ou acollida. As persoas interesadas poden chamar ao 687209035.