A Deputación aproba as bases do novo programa de emprego que substitúe ao Plan de Práctica Laboral
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra aprobou este xoves as bases reguladoras de 'O teu primeiro emprego' que beneficiará aos concellos da provincia. Este programa provincial de fomento da empregabilidade substitúe ao antigo Plan de Práctica Laboral, que converte as bolsas en contratos en prácticas.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, explicou que o obxectivo deste proxecto é facilitar que os titulados universitarios e de ciclos superiores poidan acceder a un primeiro emprego adecuado ao seu nivel de estudos, adquirir experiencia profesional e facilitar a súa inserción no mercado laboral.
As bases regulan as condicións polas que se rexerá a convocatoria pública para a selección de concellos como entidades colaboradoras e para a determinación das titulacións dos postos de traballo que se van desempeñar baixo a modalidade de contrato en prácticas. En total, o orzamento destinado ao programa ascende a preto de dous millóns de euros (1.944.000 euros).
En total, haberá 162 contratacións en prácticas nos concellos que se distribúen en dous grupos: 74 para concellos de entre 0 e 10.000 habitantes, e outras 88 para os que teñan entre 10.001 e 50.000..
As solicitudes só de poderán presentar por medios electrónicos a través do formulario normalizado que está dispoñible na sede electrónica https://sede.depo.gal. E o prazo de presentación das solicitudes por parte dos concellos será de 10 hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOPPO.
A presidenta provincial tamén explicou que, despois de seleccionar as solicitudes que os concellos presenten, a oferta de emprego vaina xestionar o Servizo Público de Emprego, que levará a cabo unha preselección das persoas candidatas segunda unha serie de criterios obxectivos. Tras ese proceso, remitirase a selección de persoas candidatas, un máximo de cinco por posto, ao Concello, que levará a cabo outro proceso selectivo para escoller ás persoas beneficiaras destas contratación.
Relacionadas:
-
A Deputación lanza 183 contratos en prácticas en empresas da provincia
Por Oskar Viéitez |
-
O programa de emprego herdeiro do Plan de Práctica Laboral da Deputación dará traballo a 108 mozos
Por Redacción |
-
O novo plan de emprego provincial "garante moito máis os dereitos da mocidade"
Por Oskar Viéitez |
-
CC.OO. anima os bolseiros da Deputación a demandar canto antes por irregularidades no contrato de prácticas
Por Anxo Lourido |
-
O PP denuncia o impacto para a mocidade de Pontevedra da paralización do Plan de Práctica Laboral da Deputación
Por Redacción |
-
Máis de 140 novos bolseiros chegan aos concellos e á Deputación
Por Redacción |