Traballadores de ENCE concéntrase ante o mitin do BNG: "Non nos moverán" de Lourizán, advirten

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot
Os traballadores de ENCE irromperon na campaña das eleccións municipais. Máis dun centenar de persoas acudiron ao mitin que o BNG celebrou este venres no Teatro Principal de Pontevedra para advertir aos nacionalistas, aos que responsabilizan do recurso xudicial contra a prórroga á pasteira, que "non nos moverán" de Lourizán.
Desde unha hora antes do comezo do mitin, previsto para as oito e media da tarde, os traballadores concentráronse para defender os seus postos de traballo. "Ence si, paro non", "Lores escoita, Ence está en loita" ou "Co pan dous nosos fillos non ides a xogar" foron algúns dos cánticos que corearon acompañados de chifres e petardos.
A presidenta do comité de empresa nas oficinas de Ence, Ana Cedeira, explicou a PontevedraViva que "dejamos muy claro" que coa manifestación do pasado 26 de abril "esto no se iba a acabar" e que "íbamos a seguir haciendo ruido".
Cedeira sinalou que os traballadores "no vamos a consentir" que o goberno municipal "siga diciendo mentiras y calumnias" sobre a actividade da fábrica de pasta de papel e "es ahora cuando tenemos que defender nuestros puestos de trabajo".
Por agora, recoñeceu que "aún no hemos decidido" se acudirán ao acto que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, protagonizará a próxima semana en Vigo. "A mí de la otra vez me quedó esa espina clavada de no poder hablar con él y quiero volver a intentarlo", destacou a delegada sindical
A mobilización transcorreu con normalidade ata que comezaron a chegar os dirixentes do BNG ao emblemático teatro pontevedrés, entre eles Ana Pontón e Miguel Anxo Fernández Lores, que foron recibidos cunha sonora pitada.
Pouco despois, diante a airada reacción dalgúns dos asistentes ao mitin, producíronse episodios de certa tensión que obrigaron a intervir aos axentes da Policía Local e da Policía Nacional que custodiaban a entrada ao acto e que impedían que os traballadores se achegasen, chegando a producirse empuxóns que acabaron con algunhas persoas no chan.
Ana Cedeira, que durante toda a concentración pediu "tranquilidad" aos traballadores, sinalou que os ánimos estaban "muy calentitos" e a tensión desbordouse porque "nos han provocado". Iso si, mostrou o seu rexeitamento ao sucedido, avogando por "mantener la calma" e defendeu que "somos trabajadores y no terroristas".
Traballadores de ENCE concéntrase ante o mitin do BNG
Máis dun centenar de traballadores de ENCE acudiron ao mitin que o BNG celebrou este venres no Teatro Principal de Pontevedra. Foi unha concentración tensa na que, tras varios enfrontamentos verbais, tivo que intervir a Policía. Os traballadores aseguran que as mobilizacións continuarán
© Mónica Patxot
Relacionadas:
-
Fracasa o intento de revogar o comité de empresa na fábrica de Ence
Por Anxo Lourido |
-
Traballadores de Ence irrompen na recta final da campaña cunha cadea humana
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Os traballadores de Ence reúnense coa ministra de Traballo: "É positivo, o Goberno xa nos escoita"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Ence sinala ás bandeiras azuis da ría como unha "proba clara" da "calidade ambiental" da súa fábrica
Por Oskar Viéitez |
-
PSOE e BNG desmenten os datos de emprego de ENCE e compárano co milagre dos pans e os peixes
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |