Pontevedra mira a maxia da súa melena
Por Diego Torrado
Demostracións de peiteados, maquillaxes, depilación con fíos, nomes propios, mesmo un desfile e servizos en directo, ademais de actividades infantís, déronse cita este sábado no entorno da Praza de Ourense e A Ferrería no marco da cita bautizada coma "Rizando o Rizo".
Foi un encontro sectorial do programa A Pé de Rúa que impulsa a Concellería de Promoción da cidade para pór en valor e visibilizar o comercio local.
Nesta ocasión a iniciativa veu da man da concellería e da Asociación Provincial de Perruquería "Máis que cabelos".
Ata catorce salóns de peiteado, estética, barberías e unha tenda de tocados estiveron nesta ocasión en Rizando o Rizo.
A presidenta de "Máis que cabelos", Beatriz Pintos, lembrou que este sector é unha fonte de riqueza, emprego e dinamismo económico e que levan anos demandando a baixada do IVE para darlle osíxeno e poder medrar.