Os gardas civís peregrinan a Santiago para celebrar o seu 175 aniversario
Por Redacción
Ata a Catedral de Santiago de Compostela chegou este sábado un numeroso grupo de peregrinos que celebraba o 175 aniversario da Fundación da Garda Civil.
Nesta peregrinación, organizada pola Comandancia de Pontevedra, participaron axentes, mandos, ex axentes e tamén familiares e amigos.
Vestidos con camisetas de cor verde, aínda que non o coñecido verde da Benemérita, percorreron o último tramo do Camiño Portugués entre Padrón e Santiago de Compostela.
O programa de actos organizado con motivo do aniversario da fundación do instituto armado continúa este luns 13 de maio coa celebración do Día do Veterano.
O próximo 15 de maio terá lugar o acto central de conmemoración da efeméride na Comandancia de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Artistas chineses retratan o Camiño Portugués mentres fan a ruta xacobea
Por Redacción |
-
175 anos de historia, toda unha vida de servizo á cidadanía
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Garda Civil réndelle homenaxe aos seus veteranos, os cimentos da institución
Por Redacción & Nacho Fuentes |
-
A Garda Civil e o Tenorio FS golean á violencia de xénero
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Garda Civil programa actos conmemorativos do 175 aniversario da súa fundación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |