Toda esta historia parte na clase de Economía dos alumnos de primeiro curso de Bacharelato do IES pontevedrés Frei Martín Sarmiento. A profesora destes quince alumnos, Mary Luz Iglesias, exponse que os conceptos da materia que imparte non sexan mera teoría que memoricen e poidan esquecer. Por iso, suxeriulles que a viaxe de curso convertésese nunha experiencia de voluntariado en África.
O proxecto está en marcha e está a resultar unha aprendizaxe absolutamente transversal para os mozos porque son outras disciplinas, habilidades e valores - ademais da Economía -, os que están a asumir. É a propia profesora, Mary Luz Iglesias, quen expón esta circunstancia en PontevedraViva Radio. A iniciativa vai avanzando e a resposta social determinará se cumpren cos obxectivos que se marcaron.
Tamén participan neste Cara a caraMarta Caramés Leiro e Inés González Gómez, dúas das alumnas implicadas. Elas como o resto da clase, están a contactar con empresas e organizacións para que se o estiman oportuno, colaboren con achegas económicas que financien o seu desprazamento e estancia no centro de voluntarios que a ong 'Africa soy yo' ten en Marrocos, así como material para a ong. Durante a semana que contemplan estar alí ensinarán aos nenos español, inglés, ou lles axudarán a pintar o centro da ong.
Contan que as respostas están a ser satisfactorias e que mesmo, persoas a título particular interesáronse para facer as súas achegas. Por iso, van abrir esta posibilidade e informarán de como facelo a través das súas redes sociais de Instagram e Facebook.