A reforma do paso de peóns da ponte de Santiago está pendente de Fomento
Por Oskar Viéitez
O portavoz do Goberno Local do Concello de Pontevedra, Raimundo González, supeditou a reforma do paso de peóns da ponte de Santiago a que o Ministerio de Fomento transfira este vial.
Desde hai anos a Concellería de Infraestruturas ten pendente un proxecto para implementar na Avenida de Compostela o seu modelo de "calidade urbana" co seu coñecido "réxime de mobilidade" á vez que se "dignifica" a entrada ao campus universitario da Xunqueira.
O Goberno local quere aplicar os seus sistemas de reforma e seguridade urbana "que teñen un éxito máis que contrastado", comentou o portavoz municipal sen ofrecer máis detalles.
En varias ocasións desde fai máis dunha década o Concello solicitou sen éxito ao Ministerio de Fomento a titularidade do tramo da N-550 comprendido entre a ponte de Santiago e a glorieta de Alba.
"Imos seguir insistindo na petición de transferencia", declarou este luns Raimundo González. Pero nesta ocasión o Concello será menos ambicioso e solicitará a cesión da titularidade do vial desde a ponte de Santiago ata a rotonda de Médico Ballina "xa está ou enxeñieiro con iso".
Pontevedra terá que esperar a que arrinque a nova lexislatura no Goberno do Estado para que haxan novidades neste sentido.
A Asociación Pedaladas, citando datos da Policía Local de Pontevedra, sinalou que o 86% dos coches que pasan pola ponte de Santiago, superan os 30 quilómetros por hora. Neste punto onde o cruzan un paso de peóns e un carril bici xa se rexistraron 4 atropelos.