Sufocan en Cerponzóns un incendio forestal preto das casas
Por Oskar Viéitez
Os Bombeiros de Pontevedra foron alertados ás catro e media da tarde deste luns por un incendio forestal en Cerponzóns.
O lume detectouse nunha zona moi próxima a un núcleo de vivendas no lugar de Tilve.
A Xunta mobilizou aos seus efectivos para sufocar o lume. Interviñeron un axente tres brigadas e unha motobomba.
O incendio quedou extinguido en menos dunha hora. O balance que fai Medio Rural é dunha superficie queimada de 0,1 hectárea de monte raso e 0,16 de arboledo.
Investígase a orixe do lume.