Benvida a 'Gerardo', o trasno dos Xardíns de Marescot
Por Redacción & Mónica Patxot
O tronco do
O propio artista e o concelleiro de Xardíns, Alberto Oubiña, visitaron a escultura, instalada nos xardíns de Marescot e na que Santiago Castro estivo a esculpir ata este mesmo mércores. Alí, déronlle a benvida ao novo trasgo pontevedrés, que chegou á cidade no marco do programa Ponteguapa, unha iniciativa municipal que ten como obxectivo encher de plantas, cor, luz e alegría os balcóns e fiestras da cidade coincidindo coa chegada da primavera.
Santiago Castro traballou desde o día 1 de abril para esculpir o tronco e convertelo nun trasno de xardín que non se esquece da Facultade de Belas Artes que ten á beira. Así, ao carón ten un pincel duns catro metros de altura.
En Pontevedra será a primeira escultura que luza e espera que non sexa a última, pero este artista xa deixou a súa pegada noutros municipios da contorna. En Marín esculpiu as esculturas de madeira da Finca de Briz.