Desconvocada a folga de lixo prevista a partir deste sábado en Marín
Por Redacción
Este sábado haberá recollida de lixos en Marín despois de que os representantes sindicais e a empresa alcanzasen un principio de acordo durante os últimos días.
#Ante este principio de acordo, a asemblea de traballadores decidiu suspender o paro previsto para este sábado 18 na recollida de lixo no Concello de Marín.
A empresa aceptou a proposta de convenio que presentaba a parte social para ter en conta na negociación e desta forma desbloquéanse as conversacións para alcanzar un acordo entre as partes.
O Concello de Marín, que goberna María Ramallo, agradeceu que tanto a empresa como os traballadores achegasen posturas para evitar os inconvenientes que orixina unha folga destas características.