O pianista James Rhodes coñece o centro peonil de Pontevedra: "es una de las cosas más impresionantes que he visto"
Por Redacción
James Rhodes, o pianista británico coñecido polo seu labor de difusión da música clásica, ademais de pola súa loita contra o abuso sexual infantil, está xa en Pontevedra. Este domingo, ás 20.30 horas, o auditorio do Pazo da Cultura será o escenario onde ofrecerá un dos seus demandados concertos. Dous meses e medio antes da súa actuación, as entradas xa quedaban esgotadas..
Durante este sábado, Rhodes tivo oportunidade de coñecer con detalle o centro histórico e as zonas peonís da cidade. Nesta ocasión, o alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores exerceu de anfitrión e acompañou o músico ao longo do percorrido explicándolle o modelo de cidade. Remataron nun establecemento da zona monumental.
Xunto ao alcalde, a visita guiada contou coa presenza da concelleira de Cultura Carmen Fouces e coa xerente do Pazo da Cultura, Pilar Portela. Tamén a cantante pontevedresa Cora Velasco formou parte deste roteiro con este músico que sempre amosa o seu cariño por Galicia e pola lingua galega nas redes sociais.
Na mañá deste sábado publicaba un vídeo desde o avión entrando na ría de Vigo co texto: "
Pasé la tarde caminando por el centro peatonal de Pontevedra. Y, hablando como visitante, es una de las cosas más impresionantes que he visto. Pacifico también.
— James Rhodes (@JRhodesPianist) 18 de mayo de 2019
(También aprendí que llueve más en París que en Galicia)