Carmela Silva pregúntase que pasou coas comarcalizacións dos Parques de Bombeiros que anunciaba a Xunta
Por Redacción
Carmela Silva arremetía este luns contra o presidente e o vicepresidente da Xunta polo seu silencio ante diversas promesas que realizaran como a comarcalización de Parques de Bombeiros, que non se executaron.
Tras o incendio nun edificio de Marín deste domingo no que volveu quedar de manifesto o problema da efectividade do actual sistema, a presidenta provincial sinalou que desde a Xunta xa non se fala de comarcalización do Parque de Bombeiros de Pontevedra porque nunca foi unha aposta real. E engadiu que nunca se reuniron co alcalde de Pontevedra, nin contivera, nin recursos, nin estudos sobre ese plan.
Silva continuou preguntándose sobre que pasara coa comarcalización de parques que se ían a proxectar nas outras provincias. "Eu non as coñezo. Era todo unha mentira como todo o que fai o señor Feijóo e o señor Rueda", afirmou a presidenta da Deputación.
Indica que os populares non están preocupados do que acontece en Galicia nin na provincia, só están preocupados coa presidenta da Deputación. Preguntouse tamén por que os dirixentes do PP non hablán sobre política industrial, turismo, iniciativas para centros educativos, atención primaria ou situación das infraestruturas autonómicas.
Por último, lembrou aos máximos responsables da Xunta de Galicia que rematarán arranxando o Pazo de Lourizán porque hai un convenio asinado entre ambas as institucións e prognosticou que os xuíces lles van a obrigar a acometer esa obra.
Carmela Silva terminou lamentando a actitude de Alberto Núñez Feijóo: "Qué triste que un presidente da Xunta de Galicia se pase o día descalificando aos seus adversarios e adversarias políticas. Eu dun presidente da Xunta de Galicia espero outra forma de actuar".
Relacionadas:
-
Carmela Silva recrimina ao PP dous anos de mentiras sobre a comarcalización dos bombeiros
Por Natalia Puga |
-
O PP reclama á Deputación que poña fondos para comarcalizar o parque de bombeiros de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra ve "decepcionante" a proposta da Xunta para comarcalizar os bombeiros
Por Alejandro Espiño |
-
Xunta e Concello reuniranse este venres para tratar a comarcalización dos bombeiros
Por Alejandro Espiño |
-
O PP lamenta que a Deputación non lles facilite o informe completo do estado das emerxencias na provincia
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta pon no tellado do Concello de Pontevedra fixar unha reunión para falar da comarcalización dos bombeiros
Por Redacción |