A Xunta licita as obras de mellora de firme en Ponte Caldelas e A Lama
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica este martes na Plataforma de Contratos de Galicia a licitación das obras de mellora do firme en seis estradas da provincia de Pontevedra, cun investimento de case 1 millón de euros.
As empresas interesadas na execución deste contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 17 de xuño.
Entre os traballos proxectados atópanse víais que pasan polos concellos de Ponte Caldelas e A Lama.
As actuacións consistirán no fresado e a reposición do firme naqueles puntos nos que a capa de rodadura presente carencias ou se atope deteriorada. Ademáis na estrada PO-244 executaranse tres pasos peonís sobreelevados, no punto quilométrico 2+170, en Ponte Caldelas.
Con estas intervención a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas.