Presentada a programación das Festas de San Xoán 2019
Por Diego Espiño
O salón de plenos do Concello de Poio acolleu este venres a presentación da programación das Festas de San Xoán 2019, celebracións que dan o pistoletazo festivo ao verán no municipio.
As actividades darán comezo o 1 de xuño coa Romaría Tracicional de Gaiteiros Manuel Villanueva, e prolongaranse ata o 5 de xullo, data da sardiñada popular na Casa Rosada.
"Queremos seguir potenciando o acto do pregón", explicou a concelleira de festexos, Lidia Salgueiro. Neste aspecto, a pregoeira encargada de abrir os días principais de celebración será a actriz galega Eva Fernández.
Ademais, sinalou a edil, "volvemos a ter un peche importante", para o que "subimos a partida económica do espectáculo de luces e temos dúas orquestras importantes", explicou en referencia á programación do mércores 26 de xuño.
Por outra banda o deporte terá á súa vez a súa cota de protagonismo coa III Oktoberbike (9 de xuño en Campelo), a Roteiro Billar Pool Bola (14 ao 16 de xullo), o III Torneo de Billarda (22 de xuño) e o IX Tríatlon Concello de Poio (29 de xuño).
Así queda a programación completa das Festas de San Xoán 2019:
1 E 2 DE XUÑO
- XIV Romaría Tradicional de Gaiteiros "Manuel Villanueva"
- 22:00 | Concertos de música, a cargo de Zeltia e Take It Easy.
DOMINGO 9 XUÑO
- 17:30 | XIII Festival de Intercambio Folclórico "A. C. Vides Novas"
SÁBADO 15 XUÑO
- 12:00 | Inauguración Mostra de Canteiros no Casal de Ferreirós
- 21:00 | XXII Certame de canto coral no Mosteiro de Poio
SÁBADO 22 XUÑO
- 20:30 | Pasarrúas popular dirixido por Marcelo Dobode con acompañamento musical de Adrián Saavedra con participantes no proxecto Música E-TRAD.
- 21:00 | Lectura do pregón coa actriz galega Eva Fernández desde o balcón da Casa do concello
DOMINGO 23 XUÑO
- 10:00 | Alboradas nas parroquias a cargo de agrupacións folclóricas locais
- 18:00 | Recollida de herbas de San Xoán (Local Social Sartal)
- 21:30 | Sardiñada popular na Seca
- 22:00 | Verbena popular amenizada polas orquestras D'Moda e Xacobeo
- 23:30 | Espectáculo de lume con Barafunda Animación e aceso da fogueira na Seca
LUNS 24 XUÑO
- 10:00 | Alboradas nas parroquias a cargo de agrupacións folclóricas locais
- 12:00 | Misa solemne en honra a San Xoán Bautista, coa actuación da Coral de Poio
- 13:00 | Concerto da Banda Unión Musical de Arcade na Praza do Mosteiro
- 22:00 | Verbena popular amenizada polas orquestras Palladium e Ritmo Xoven
MARTES 25 XUÑO
- 10:00 | Alboradas nas parroquias a cargo de agrupacións folclóricas locais
- 12:00 | Misa solemne en honra de Santa Trahamunda, no Mosteiro de Poio, coa actuación da Coral Virxe de Fátima.
- 13:00 | Subida a San Martiño acompañada pola Asociación Folclórica Vides Novas
- 13:00 | Concerto Banda de Música O Rosal
- 20:00 | Espectáculo de animación infantil 'Forzudos' de Circo Chosco
- 22:00 | Verbena popular amenizada polas orquestras Olympus e La Oca Band
MÍERCOLES 26 XUÑO
- 12:00 | Misa solemne en honra de San Fructuoso, no Mosteiro de Poio, coa actuación de Coral Virxe da Renda
- 13:00 | Concerto da Banda de Música de Redondela
- 20:00 | Espectáculo de animación infantil 'Código maxia', de Dani García.
- 22:00 | Verbena popular amenizada polas orquestras Marbella e América de Vigo
- 00:00 | Fogos artificiais
DOMINGO 30 XUÑO
- 20:00 | Festival solidario de fin de curso da Escola de Acordeóns de Campelo, na Praza da Granxa.
VENRES 5 XULLO
- 18:30 | Sardiñada Popular na Casa Rosada