Extinguido un incendio forestal en Tomeza
Por Diego Torrado
Os Bombeiros de Pontevedra xunto a efectivos de Medio Rural extinguiron este venres un incendio forestal na parroquia de Tomeza. Tamén interveu a Policía Local.
O lume declarouse sobre as tres da tarde nunha zona moi próxima a unha vivenda polo que os labores dos servizos de emerxencia centráronse en evitar que esta casa resultase danada.
As lapas afectaron a un pequeno monte de eucalipto e as primeiras estimacións indicaban que o lume arrasou unha hectárea.
Fontes dos servizos de emerxencias sinalaron que se está investigando a orixe do incendio.
Por outra banda, a Policía Local de Pontevedra sinalizou un desprendemento rexistrado na estrada que comunica A Parda con Marcón.