36 especialistas residentes finalizan a súa formación na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción
O Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra despediu este venres aos 36 especialistas que finalizaron a súa formación nos hospitais e centros de saúde de Pontevedra e O Salnés.
Ademais, no acto celebrado no Hospital de Montecelo e presidido polo xerente José Ramón Gómez, se e deu a benvida aos 39 novos residentes que se incorporan este ano para formarse en especialidades hospitalarias, medicina familiar e comunitaria, enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matronas) e enfermería familiar e comunitaria.
A cerimonia comezou coa interpretación do himno universitario 'Gaudeamus Igitur' por parte da Coral Polifónica O CHOPO. Tamén estiveron presentes o presidente da Comisión de Docencia e o xefe de estudos de Medicina Familiar e Comunitaria -os doutores Ismael Arán González e Álvaro Rodríguez Pomares- e o coordinador de enfermería da unidade docente de Medicina Familiar e Comunitaria, D. José Recamán Lagos, entre outros responsables docentes e asistenciais da EOXI de Pontevedra e O Salnés.
Durante o acto fíxose entrega dos certificados de especialistas aos 36 residentes que finalizaron a súa formación. Deles, 13 médicos de familia, unha matrona, 18 especialistas hospitalarios e catro enfermeiros e enfermeiras de Familia.