Manuel Campos consegue a maioría absoluta para o PSOE en Cuntis
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/fc6/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5ceb328bd3-psoe-cuntis.jpg)
© PSOE Cuntis
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/8a6/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5ceb333d95-caldas-1.jpg)
© David López
A xestión durante o últimos catro anos do socialista Manuel Campos na alcaldía de Cuntis viuse apoiada pola cidadanía que lle deu a maioría absoluta ao PSOE neste municipio.
Campos logrou sete concelleiros grazas a 1.605 papeletas fronte aos dous do Partido Popular e aos dous da agrupación Veciñanza Cuntis, que obtiveron 677 e 477 votos respectivamente.
CALDAS
Tamén en Caldas de Reis continuará Juan Manuel Rey á fronte da alcaldía, tras 12 anos neste cargo. Os socialistas lograban seis concelleiros, fronte aos cinco do Partido Popular e os dous do Bloque Nacionalista Galego. A diferenza de votos entre socialistas e populares foi de tan só 171 votos.
MAIORÍAS ABSOLUTAS DO PP EN MORAÑA, PORTAS E CAMPO LAMEIRO
En Moraña, o PP liderado pola actual alcaldesa Luisa Piñeiro continuará con maioría absoluta pasando de seis a sete concelleiros conseguindo 1.575 votos. O BNG sobe nun concelleiro, logrando tres mentres que o PSOE perde dous, quedando unicamente cun representante na corporación.
O Partido Popular lograba 6 concelleiros en Portas coa candidatura de Ricardo Martínez, que gobernará con maioría absoluta. O BNG suma dous concelleiros e é a segunda forza máis votada, seguido por VUP. Ademais, o Partido Socialista entra cun concelleiro nesta corporación.
Por último, en Campo Lameiro o Partido Popular perdía un concelleiro pero mantén a maioría absoluta con 5 concelleiros. fronte aos dous de PorVir, unha agrupación que entra agora na corporación e dous do PSOE.
O candidato popular Carlos Costa, que substitúe a Julio Sayáns que estivo 34 anos como alcalde, poderá gobernar en solitario durante o próximos catro anos.