Denuncian un condutor que conducía borracho cun neno de 10 anos no coche
Por Natalia Puga
A patrulla do Destacamento Tráfico da Garda Civil Pontevedra denunciou un condutor que na tarde deste domingo foi sorprendido cando conducía borracho un coche no que viaxaba un neno de 10 anos.
Segundo a información facilitada pola Garda Civil, o condutor, de 48 anos, deu positivo o test de consumo de alcol realizado polos axentes de Tráfico. En concreto, cuadriplicaba a taxa de alcol permitida para levar un vehículo de motor.
Os feitos ocorreron na zona da Escusa, en Poio, na tarde deste domingo e, tras detectar o resultado positivo da proba, a Garda Civil procedeu a inmobilizar o vehículo no que viaxaban o home denunciado e o menor.
A Garda Civil lembra que esta conduta infractora é unha grave irresponsabilidade que multiplica por 10 o risco de sufrir un accidente.