Dez praias de Sanxenxo decláranse 'libres de fume' e do tabaco
Por Alejandro Espiño
Sanxenxo decidiu ampliar a dez as praias do municipio, actualmente só catro, a iniciativa 'Praias sen fume', que impulsa a Consellería de Sanidade para reducir o consumo de tabaco nos areais galegos.
Ata agora, só as praias de Silgar, Panadeira, Baltar e Caneliñas estaban integradas nesta campaña. A elas sumaranse a partir de agora Espiñeiro-A Lanzada, Areas Gordas, A Lapa, Foxos, Nosa Señora da Lanzada e Major.
A participación neste programa é voluntaria e Sanxenxo comprométese a desenvolver unha serie de actividades e accións encamiñadas a lograr unha sociedade libre de tabaco.
Ademais sinalizaranse estas praias con materiais facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública.
A prohibición de fumar nas praias, lembran desde Sanxenxo, é unha tendencia cada vez máis estendida e o número de areais libres de fume vai aumentando paulatinamente. Con ela, ademais de loitar contra o tabaquismo, búscase combater a contaminación que supoñen as cabichas nos areais.
Relacionadas:
-
Cerdedo-Cotobade tamén presume de praias sen fume
Por Redacción |
-
O Santo súmase á lista de praias sen fume de Marín
Por Redacción |
-
O tabaco segue a ser un dos maiores problemas de saúde pública
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Setenta socorristas vixiarán nove areais de Sanxenxo este verán
Por Redacción |
-
Sanxenxo compra unha parcela para ampliar os accesos á praia da Panadeira
Por Redacción |