O tabaco segue a ser un dos maiores problemas de saúde pública
Por Redacción & Mónica Patxot
O tabaco segue sendo un dos maiores problemas de saúde pública, por iso cada ano cobra máis forza o Día Mundial Sen Tabaco que se celebra este venres. É moi importante ter en conta que o cancro máis relacionado co tabaco é o de pulmón, pero hai quince tipos distintos de cancro que tamén se vinculan co consumo de tabaco. A iso hai que sumarlle as enfermidades cardiosvascualres e as enfermidades respiratorias.
En Pontevedra, durante o primeiro semestre do 2019, a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) atendeu a 63 persoas nos programas gratuítos para deixar de fumar fronte aos 53 participantes do ano 2018.
Este venres instaláronse mesas informativas nos hospitais Montecelo, Provincial e do Salnés onde, atendidas por profesional sanitario e voluntariado da AECC, aportáronse información dos efectos nocivos e riscos do tabaco á vez que asesoraron en hábitos saudables á poboación.
Así mesmo, nestes puntos informativos efectuáronse gratuitamente a usuarios e profesionais sanitarios cooximetrías, que son probas que miden o nivel de monóxido de carbono no aire espirado.
Relacionadas:
-
Jesús Rey, novo presidente de AJE, entrega un cheque solidario á Asociación contra o Cancro
Por Redacción |
-
A Asociación contra o cancro sae á rúa para recadar fondos para a investigación
Por Redacción |
-
Barro, Cuntis, Moraña e Portas fomentan hábitos saudables entre os escolares
Por Redacción |
-
RADIO.- Cara a cara: Deixar de fumar mellora o estado de ánimo, probas?
Por Marisa Ciordia |
-
Dez praias de Sanxenxo decláranse 'libres de fume' e do tabaco
Por Alejandro Espiño |
-
Animan a achegarse á evidencia científica para evitar o consumo xuvenil de tabaco e de cannabis
Por Redacción |