Barro, Cuntis, Moraña e Portas fomentan hábitos saudables entre os escolares
Por Redacción
Os concellos de Barro, Cuntis, Moraña e Portas a través do proxecto de prevención das drogodependencias e outras condutas adictivas realizaron este venres no xardín exterior da Azucreira de Portas unha xincana para conmemorar o Día Mundial Sen Tabaco.
Dita actividade foi realizada polo alumnado de 2º ESO como remate dos obradoiros de prevención das condutas adictivas que se realizaron co alumnado do CPI Aurelio Marcelino de Cuntis e co alumnado do CPI Domingo Fontán de Portas ó longo deste curso escolar 2018/19.
A través desta actividade, de forma lúdica, pretendeuse incidir nos riscos do consumo de tabaco, como principal causa previble de morte no mundo. Sendo o tabaquismo un dos principais problemas sociosanitarios aos que se enfrontan os países desenvolvidos.
Comezou ás 10.30 horas e ao mediodía leron un manifiesto escrito polos propios alumnos e falaron os alcaldes de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes; Cuntis, Manuel Campos; y de Portas, Víctor Estévez.