Sete empresas aspiran a remodelar casa Priorado de Arra
Por Oskar Viéitez
Un total de 7 empresas presentáronse á licitación para as obras de remodelación da Casa Priorado de Arra. Trátase das firmas: Denuevo punto creativo, Construcciones Castro, Coviastec, Balboa y Buceta, Abal Construcciones, Degalle, Revoltamar.
A actuación saíu a licitación cun orzamento de 185,320.11 euros, que serán financiados con cargo ao Plan Concellos bianual da Deputación de Pontevedra.
Esta actuación é a terceira fase dun proxecto de reforma integral de maior envergadura. Trátase dunha edificación tradicional na que se realizarán agora obras interiores.
A Casa Priorado ten dúas edificacións independentes que pechan o patio central, que articula todos os espazos da Planta Baixa. Nesta planta van acondicionar un local de ensaios, dous locais para asociacións, un terceiro local a modo de almacén, aseos masculinos e femininos, un distribuidor e un alpendre.
Na primeira planta farase unha sala de usos múltiples, un despacho, un almacén e un hall. Entre as dúas plantas suman unha superficie útil de 480 metros cadrados.
Con esta nova actuación no Priorado de Arra permitirá convertelo nun centro sociocultural para uso e goce de todos os veciños, non só do lugar, senón de todo o municipio.
Con esta terceira fase, e as dúas anteriormente realizadas, súmase un investimento total na casa de 399.000 euros.
Relacionadas:
-
Remata a rehabilitación do Priorado de Arra
Por Redacción |
-
Comeza a terceira fase das obras de remodelación da Casa Priorado de Arra
Por Redacción |
-
Sanxenxo avanza na remodelación da Casa Priorado de Arra e licita a súa terceira fase
Por Redacción |
-
O Concello corrixe o erro e volve a licitar a terceira fase das obras do Priorado de Arra
Por Redacción |
-
185.000 euros para rematar a rehabilitación do Priorado de Arra e convertelo nun centro sociocultural
Por Redacción |
-
O Priorado de Arra acollerá un albergue e incluirase na Ruta Sarmiento
Por Redacción |