Catro alumnos do Sagrado Corazón de Praceres finalistas do concurso matemático Pangea
Por Redacción
Catro alumnos do Colexio Sagrado Corazón de Praceres lograron clasificarse para a final española do concurso matemático Pangea.
Eles son: Paula Ferradás Maneiro de sexto de Primaria, xunto con Julia Carro Tomé, Hugo Vázquez Fuentes e Breogán Fariña Fernández, de primeiro de ESO.
Este concurso no que partcipan alumnos de primaria e secundaria de toda Europa consiste na realización de 20 preguntas tipo test que abarcan desde o cálculo á xeometría, pasando pola lóxica, o álgebra e o resto de disciplinas dentro da matemática.
En España presentáronse máis de cen mil alumnos, pasando á final tan só 100 deles por categoría.
Entre este xoves e o venres realizáronse as probas da final, agora quedan á espera dos resultados.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- 'Dígocho a ti', o audiovisual co que o Sagrado Corazón "engancha aos rapaces coa lingua galega"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Viseiras protectoras para o centro de saúde de Marín grazas a dous mestres do colexio de Praceres
Por María José Pita |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: As matemáticas non son problemas para eles
Por Marisa Ciordia |